jueves, 28 de noviembre de 2019

25N

O pasado luns foi 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. É importante que os nenos e nenas medren aprendendo que homes e mulleres son iguais e teñen os mesmos dereitos. Por isto, lemos a Artur e Clementina (Kalandraka) e reflexionamos sobre a historia que nos conta.

 Logo plasmamos a nosa man e escribimos a palabra non para lembrar que non queremos violencia.






QUE É A CIENCIA?

Este mes de novembro é o mes da ciencia na Biblioteca Escolar, así que fomos investigar iso da... c i e n c i a. Que é? Quen son os científicos? Que materiais utilizan? Soábannos a "descubridores" de cousas, pero...de que?
Tivemos sorte e na aula había unha caixa con materiais moi curiosos: probetas, gafas transparentes, lupas, goteros... utilizarían iso os científicos? Despois de moito falar chegamos a algunhas conclusións en equipo do que utilizan ou non nos laboratorios :)





Aproveitamos para achegarnos á oceanógrafa Ángeles Alvariño, que foi a primeira muller galega en navegar nun barco para investigar novas especies mariñas, e descubriu máis de 22 especies, entre elas unha medusa.
E como quixemos probar como se sentía un "experimentador" (ás veces non nos sae a palabra científico), fixemos un experimento no que se movían as cores! Como vedes, tamén o fixemos traballando en equipo e repartíndonos o traballo.
Aquí vai un vídeo con moitas fotos!



NOVEMBRO-CIENCIA

lunes, 18 de noviembre de 2019

PAN DE MONSTRO

Os días próximos ao Samaín aproveitamos para facer PAN DE MONSTRO!
Como poderedes ver no vídeo, amasamos moitííísimo, mesturamos co colorante a masa e...ao forno! 
Riquísimo!

domingo, 17 de noviembre de 2019

SAMAÍN 2019

E chegou o S A M A Í N . . .
Aproveitamos este momento para contar contos de medos, de escuridade, de monstros malos, bos, malos que ao final son bos, de monstros de teñen medo dos nenos e das nenas... Hai moitos tipos!
Traballamos vocabulario desta celebración, xogamos cos números e as letras, traballamos a expresión oral cando nos contan como fixestes as cabazas super chulas que trouxestes á escola…
Deixámosvos un vídeo con propostas da aula e unhas fotos :)

Os nenos e nenas de 4 anos o día do Samaín. Guapísimxs! 

Os nenos e nenas da aula de 4 anos cos Carabuñas!


SAMAÍN 2019

O OUTONO XA CHEGOU...

O outono chegou…
As folliñas caen,
as folliñas caen,
e cambian de cor!
      Con esta canción de Uxía Lambona e a Banda Molona (e que podedes escoitar aquí: https://www.youtube.com/watch?v=79-6l4A1nII) celebramos a chegada do Outono!
       No video podedes ver como traballamos aspectos de grafomotricidade, habilidades numéricas, arte, lectoescritura... utilizando elementos do outono e relacionados con esta estación. Agardamos que vos guste!


Outono 2019

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO!

Pronto chegou o mes de outubro, e nesta ocasión celebramos os aniversarios elaborando unha receita cun froito propio do outono: a cabaza!
Mmmm...as madalenas de cabaza que fixemos estaban deeeliciosas!!
Como poderedes ver nas fotos, os pequenos traballan en grupos de 3-4 integrantes, por equipos! Estamos comezando a traballar deste xeito, pero xa o fan moi ben :)
No mes de outubro festexamos os aniversarios de Noel e Sarah!
Felices 4 anos!

BENVIDOS!

Benvidos ao blogue da aula dos nenos e nenas de 4 anos da EEI de Vilarrodís!
     Iniciamos o curso 2019/2020 con moitos cambios na aula: novos compis, novas profes, … todo un reto! Pero xa estamos afeitos e, como xa levamos uns meses de curso, abrimos esta páxina para que poidades participar da nosa vida na aula e compartir cos vosos fillos e fillas a visita ao blog para que vos vaian contando e perciban o voso interese pola súa vida escolar.
        Para inaugurar este espazo, deixámosvos un vídeo coas imaxes da celebración dos aniversarios de setembro. Para a ocasión, elaboramos tres riquísimos biscoitos de iogurt nos que sopraron os catro anos  Mauro e Lume!


ANIVERSARIOS SETEMBRO