miércoles, 12 de febrero de 2020

BEEBOT

Hai unhas semanas que disfrutamos co libro Paco y el rock, co que fomos coñecendo instrumentos, identificando o seu son, xogando a adiviñalos, gozando con vídeos musicais... 
A semana pasada, co BeeBot, fixemos un xogo. Tiñamos que coller unha tarxeta, nomear o instrumento, buscalo no panel e conducir ao robot á casilla correspondente. 
É suuuuper difícil dirixir á pequena abella ao seu lugar, pero con moita paciencia e pensando entre todos, logramos o obxectivo!
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo. Non aparecemos todos porque estabamos taaan ocupados pensando, que se nos esqueceu fotografalo todo!
Haberá máis ocasións :)


ASÍ PASAMOS O INVERNO!

Xa case estamos despedindo o Inverno, e xa onde vai o Nadal! Pero queremos que vexades algunhas cousiñas que fixemos ao longo destes meses relacionadas coa temática.


Agardamos que vos guste!

domingo, 9 de febrero de 2020

POLO NADAL...GALLETAS!

Chegou o mes de decembro e decidimos cociñar algo para agasallar ás nosas familias: galletas!

PIZZA

A receita do mes de novembro foi pizza de atún e pemento. Amasamos para darlle forma e fixemos mini pizzas para merendar xuntos. Tivemos a sorte de ter axudantes: a profe Noelia e Amaya :) 
Mirade, mirade a pintaza que tiñan!