martes, 31 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS

Bo día!
Hoxe temos un notición: queredes ver á profe Meli?! Pois aquí vai o novo blog da escola, Vilarrodís in English, para que sigades aprendendo moito coa profe Meli :)
Se premedes aquí: https://vilarrodisenglish.blogspot.com/ poderedes acceder ao blog. Espero que vos animedes a cantar e xogar con ela!




E para rematar, gustaríame compartir con vós esta imaxe de Álvaro Bilbao. Seguro que nestes días hai momentos complicados, xa que para todos e todas nós é difícil manter ás emocións no seu sitio as 24 horas o día. Moito ánimo!
 

Buenos días!

Hoy tenemos un notición: queréis ver a la profe Meli?! Pues aquí tenéis el nuevo blog de la escuela, Vilarrodís in English, para que sigáis aprendiendo mucho con las profe Meli :)

Si clicáis aquí: https://vilarrodisenglish.blogspot.com/ podréis acceder al blog. Espero que os animéis a cantar y jugar con ella!



Y para terminar me gustaría compartir con vosotros esta imagen de Álvaro Bilbao. Seguro que en estos días hay momentos complicados, ya que para todos y todas nosotras es difícil mantener a las emociones en su sitio las 24 horas del día. Mucho ánimo!

 

lunes, 30 de marzo de 2020

BOLBORETAS DE CORES

Feliz luns a todos e todas!
Que tal a fin de semana? Moito ánimo nestes días, lembrade que un día máis é un día menos para vernos de novo :)
Hoxe o día espertou un pouco gris, e pensei que sería boa idea colorealo un pouco e adornar as vosas ventás cuns animais fermosos que voan libres: as bolboretas.
Vou plantexar dúas actividades; podedes facer unha ou as dúas, como queirades e poidades.

1. Decoramos con trazos a bolboreta!
O primeiro que imos facer é debuxar unha bolboreta coma esta e trazar liñas, dividindo as súas ás horizontalmente:

Logo, elixide un trazo ou debuxo que queirades facer en cada parte da bolboreta: cruces, círculos, raias verticais e horizontais, bucles... Ao voso gusto! Veredes que bonita vos queda.


2. Bolboretas con filtros de café
Se tedes filtros de café e colorante, acuarela (ou témpera moi diluída), podedes facer maxia coas cores e deseñar unha fermosa bolboreta!

Cortade o filtro de café polas partes longas e deixádeo só unido polo centro. Os dous lados que saen ao abrir serán as ás. Agora toca decoralas coas acuarelas, ou o que teñades. Tamén podedes probar a pintar con rotulador e logo botarlle gotiñas de auga, seguro que algo pasa!
Polo centro, enganchámolas cunha pinza da roupa, que tamén podemos decorar, ou se tedes, cun limpiapipas (que é iso negro que vedes no medio xusto). Deste xeito quedaría algo similar a isto:

E para remataaaar: un pouco de música! Xa coñecemos a Lydia Botana, aquí vos deixo a canción que bailamos tanto en clase xuntos!

E lembrade! Agardo as vosas fotos :)

Feliz lunes a todos y a todas!
¿Qué tal el fin de semana? Mucho ánimo en estos días, acordáos de que un día más es un día menos para vernos de nuevo :)
Hoy el día amaneció un poco gris, y pensé que sería buena idea colorearlo un poco y adornar vuestras ventanas con unos animales hermosos que vuelan libres: las mariposas.
Voy a plantearos dos actividades; podéis hacer una o las dos, como queráis y podáis.

1. Decoramos con trazos la mariposa!
Lo primero que vamos a hacer es dibujar una mariposa como esta y trazar líneas, dividiendo sus alas con trazos horizontales:


Luego, elegid un trazo o dibujo que queráis hacer en cada parte de la mariposa: cruces, círculos, líneas verticales u horizontales, bucles... A vuestro gusto! Veréis qué bonita os queda.

2. Mariposas con filtros de café
Si tenéis filtros de café y colorante, acuarela (o témpera mezclada con agua), podéis hacer magia con los colores y diseñar una hermosa mariposa!

Cortad el filtro de café por las partes largar y dejadlo solo unido por el centro. Los dos lados que salen al abrir serán las alas. Ahora toca decorarlas con las acuarelas, o lo que tengáis. También podéis probar a pintar con rotulador y luego echar gotas de agua encima, seguro que pasa algo!
Por el centro, enganchamos una pinza de la ropa, que también podemos decorar o, si tenéis, con un limpiapipas (que es el alambre que veis en el medio). De esta forma quedaría algo similar a esto:


Y para terminaaar: un poco de música! Ya conocemos a Lydia Botana, aquí os dejo la canción que bailamos tanto en clase juntos!


Y acordáis: espero vuestras fotos :)
 

jueves, 26 de marzo de 2020

HOXE TOCA CONTO!

Bo xoves a todas e todos!
Hoxe traio un conto que pode que algún de vos xa coñeza, pero convídovos a escoitalo na voz de Olalla González e a realizar unha proposta moi chula!
Neste enlace (premede aquí) poderedes acceder á páxina web de Kalandraka, concretamente ao conto de Garavanciño, adaptado por Olalla González (a mesma que vos conta a historia) e ilustrado por Marc Taeger.
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=1#PD_Olalla Gonzlez - Garbancito

Despois de escoitar o conto podedes facer un debuxo da vila na que Garavanciño vive cos seus pais. Podedes inspirarvos nas ideas que nos da o ilustrador ao final do vídeo. Pero lembrade: o máis importante é que disfrutedes facéndoo e que o fagades como vós queirades!
AH! Estaría XENIAL que logo enviedes o debuxo ao correo yaizapeixoto@edu.xunta.gal para que poida facer unha presentación chulísima dos vosos debuxos :)


E agora que xa coñecedes a sección de Contos Contados de Kalandraka (contos contados), podedes aproveitar para escoitar algún outro conto.
Agardo que vos guste! 

Buenos días!
Hoy traigo un cuento que puede que alguno o alguna de vosotras ya conozca, pero os invito a escucharlo en la voz de Olalla González y a realizar una propuesta a partir de él.
En este enlace (clic aquí) podéis accedes a la página web de Kalandraka, concretamente al cuento de Garbancito, adaptado por Olalla González (la misma que os cuenta la historia) e ilustrado por Marc Taeger.

Después de escuchar el cuento podéis hacer un dibujo del pueblo donde vive Garbancito con su familia, inspirándoos en las ideas que el ilustrados nos da al final del vídeo. Pero recordad: lo más importante es que disfrutéis haciendo el dibujo y que lo hagáis como vosotros queráis.
AH! Y estaría GENIAL que después me enviarais una foto al correo yaizapeixoto@edu.xunta.gal para que pueda hacer una presentación con vuestros dibujos :)

 Y ahora que ya conocéis la sección de Cuentos Contados de Kalandraka (cuentos contados), podéis aprovechar para escuchar otro cuento.
Espero que os guste!

miércoles, 25 de marzo de 2020

FABRICAMOS PLASTILINA

Bos días, familias!
Hoxe vos deixo aquí esta proposta para que probedes na casa: plastilina caseira.
Para facelo, utilizamos ingredientes que seguro tedes na cociña: auga, aceite, sal e fariña. Para as medidas, podedes aproveitar o envase dun iogur. Mesturade os ingredientes e comezade a amasar. Seguramente ao principio os nenos e nenas precisan un pouco de axuda, pero cando vexades que xa a masa toma forma deixádeos. É moi importante nestas idades utilizar as mans realizando exercicios diferentes.
Se tedes colorante alimenticio na casa, podedes botarlle unhas gotas cando teñades a bola feita.
Se vos animades a facela, agardo as vosas fotos! :) Se podedes enviarmas ao correo, podo facer unha presentación para que os nenos e nenas poidan verse entre eles e sentirse un pouco máis conectados.
Disfrutade!





Buenos días, familias!
Hoy os dejo aquí esta propuesta para que probéis en casa: plastilina casera.
Para hacerla, utilizamos ingredientes que seguro que tenéis en la cocina: agua, aceite, sal y harina. Para las medidas podéis aprovechar el envase de algún yogur. Mezclamos los ingredientes y empezamos a amasar. Seguro que al principio los niños y niñas necesitan un poco de ayuda, pero cuando veáis que la masa toma forma dejadlos hacerlo solos. Es muy importante que utilicen las manos realizando ejercicios diferentes.
Si tenéis colorante alimentario en casa, podéis echar unas gotas cuando tengáis la bola hecha.
Si os animáis a hacerla espero vuestras fotos! :) Si me las enviáis al correo puedo hacer una presentación para que vuestros hijos e hijas puedan verse entre ellos y sentirse un poco más conectados.
Disfrutade!


martes, 24 de marzo de 2020

SUSPENSIÓN DE CLASE POLO COVID-19

Bo día, familias!
Agardo que esteades todos e todas ben e levedes estes días da mellor maneira posible.
Nun primeiro momento pensamos que podería ser unha suspensión de aulas temporal, pero a situación estase alongando e desde o blog da biblioteca (que podedes visitar aquí e no que hai xa propostas https://bibliorrodis.blogspot.com/) e o de aula, iremos propoñendo actividades para que fagades na casa cos vosos nenos e nenas.

Tentaremos que sexan actividades divertidas, sinxelas e con material que podedes ter na casa. Facédeo na medida das vosas posibilidades, sabemos que é un momento complicado o que estamos a vivir e non queremos que isto sexa unha carga, todo o contrario.

Aproveito para deixar aquí o meu correo electrónico, ao que podedes escribir sempre que precisedes para preguntarme ou informarme de algo. O correo é:  yaizapeixoto@edu.xunta.galEstarei pendente e agardo saber algo de vós :)

Moitas apertas virtuais e lembrade: o máis importante agora é quedar na casa!



Buenos días, familias!
Espero que estéis todos y todas bien y que llevéis estos días de la mejor manera posible.
En un primer momento pensamos que podría ser una suspensión de clase temporal, pero la situación se está alargando y, desde el blog de biblioteca (que podéis visitar aquí: https://bibliorrodis.blogspot.com/) y el de aula, iremos proponiendo actividades para que hagáis en casa con vuestros hijos e hijas.

Intentaremos que sea actividades divertidas, sencillas y con material ue podéis tener en casa. Hacedlo en la medida de vuestras posibilidades, sabemos que estamos viviendo un momento complicado y no queremos que estas propuestas sean una carga sino todo lo contrario.

Aprovecho para dejar aquí mi correo electrónico, al que podéis escribir siempre que queráis para preguntar o informarme de algo. El correo es: yaizapeixoto@edu.xunta.gal
Estaré pendiente y espero saber de vosotros :)

Muchos abrazos virtuales y no olvidéis que lo más importante ahora es quedarse en casa!




lunes, 23 de marzo de 2020

8 M

Os días previos ao 8 de marzo realizamos diferentes actividades para celebrar o Día da Muller Traballadora. Ademais de coñecer a mulleres como Frida Kahlo, Gloria Fuertes ou Irene González, xogamos co BeeBot e limos contos como Príncipe Kevin ou Ricitos de oso.
Tamén contamos cun obradoiro realizado pola profesional da Concellería de Igualdade de Arteixo no que nos disfrazamos e xogamos xuntos intercambiándonos os atrezzos e desmentindo frases como "o rosa é color de nenas e o azul é color de nenos".
Pasámolo moi ben e disfrutamos moito!
Agardamos que vos gusten as imaxes :)

8 MARZO

lunes, 9 de marzo de 2020

AMOR E AMIZADE

No mes de febreiro os nenos e nenas observan na publicidade, nas rúas, escoitan falar do día do amor. Na aula decidimos darlle unha volta e aproveitar este día para celebrar o Día do Amor e da Amizade, falando de Que é o amor? Que é iso de estar namorado ou namorada?, do que nos gusta facer coas persoas que queremos moito, de canto nos queren e da importancia de querernos todos e todas e coidarnos como amigos e compañeiros que somos.
Lemos varios contos relacionados co tema: Palabras con corazón, Enamorados, Bicos de cores, De que cor é un bico… E tamén aproveitamos a temática para realizar algunhas actividades manipulativas relacionadas cos números.
Aquí vai un pequeno vídeo que agardamos que vos guste:

DÍA AMOR E AMIZADE