jueves, 30 de abril de 2020

AL: XIMNASIA COA BOCA

Bo día, familias!
Como estades? 
Hoxe a profe Noelia elaborou un material e unha proposta de actividade de Audición e Linguaxe para todos e todas vós. Só tedes que visitar o seu blog Curruncho de AL e na entrada "Ximnasia coa boca" ver o que hai que ir practicando coa señora lingua, os beizos,... 
A mover os músculos da cara, compis!
Por outra banda, dou aviso de que ata o martes día 5 non volverei facer unha proposta, xa que seguimos o calendario escolar e mañá venres é festivo e o luns 4 é un dos días escollidos de libre disposición do centro. 
Aínda así, propóñovos que vos animedes a elaborar algunha cousiña que quedara sen facer: a foto co voso conto favorito para a biblioteca, practicar as rimas con movemento... Eu estarei pendente do correo para recibir estas mensaxes e para falar con vós se precisades calquera cousa. 

Propuesta que encontraréis en el blog de AL

Buenos días, familias!
¿Cómo estáis?
Hoy la profe Noelia elaboró un material y una propuesta de actividad de Audición y Lenguaje para todos y todas vosotras. Solo tenéis que visitar su blog Curruncho de AL y en la entrada "Ximnasia coa boca" ver lo que hay que ir practicando con la señora lengua, los labios,...
A mover los músculos de la cara, compis!

Por otra parte, aviso de que hasta el martes día 5 no volveré a hacer una propuesta, ya que seguimos el calendario escolar y mañana viernes es festivo y el lunes 4 es uno de los días escogidos de libre disposición del centro.
Aún así, os animo a que realicéis alguna actividad que quedara sin hacer: una foto con vuestro cuento favorito para la biblioteca, practicar las rimas con movimiento... Yo estaré pendiente del correo para recibir estos mensajes y hablar con vosotros si necesitáis cualquier cosa.

¡Espero tener noticias vuestras! 
¡Abrazos virtuales!

miércoles, 29 de abril de 2020

RIMA CON MOVEMENTO

Bo día!
Como estades? Hoxe espertei con moitas ganas de facer xogos con rimas e movendo as mans, a cabeza... E pensei, gustaríalle aos nenos e nenas da clase saber estas rimas para xogar? 
E...aínda máis… atrevédesvos a aprender estas rimas e mandarme un vídeo facéndoas? Podedes facer as rimas sós, con mamá, con papá, cos irmáns… Veña, animádevos!
En voume animar a facelo cunha destas rimas para que vexades que a aprendín, espero os vosos vídeos!
Aquí vos deixo tres rimas con movemento de Tamara Chubarovsky, para que vexades as tres e escollades a que máis vos guste. Primeiro temos que vela varias veces e repetila coa voz e os movementos ata que a aprendamos. Se o facedes xuntos será máis divertido para todos e os vosos fillos e fillas estarán moito máis motivados para aprendela ao ver que é un xogo para todos. 

Buenos días!
¿Cómo estáis? Hoy me desperté con muchas ganas de hacer juegos con rimas y moviendo las manos, la cabeza... Y pensé, ¿les gustará a los niños y niñas de clase saber estas rimas para jugar?
Y...aún más complicado... os atrevéis a aprender estas rimas y mandarme un vídeo haciéndolas? Podéis hacer las rimas solos, con mamá, papá, con vuestros hermanos y hermanas... Venga, animaos!
Yo voy a animarme a hacer un vídeo con una de estas rimas para que veáis que me la he aprendido, ¡espero los vuestros!
Aquí os dejo tres rimas con movimiento de Tamara Chubarovsky, para que veáis las tres y podáis escoger la que más os guste. Primero tenemos que verla varias veces y repetirla con la voz y los movimientos hasta que la aprendamos. Si lo hacéis juntos será más divertido para todos y vuestros hijos e hijas estarán mucho más motivados para aprenderla a ver que es un juego para todos.



PIC Y PUC ➡ Vídeo PIC Y PUC

PIC Y PUC
EL COCODRILO ➡ Vídeo EL COCODRILO
El cocodrilo

LOS ANIMALITOS BUSCAN CASAVídeo: Los animalitos buscan casa

Los animalitos buscan casa

¡Feliz tarde rimada para todos y todas!

martes, 28 de abril de 2020

ENGLISH TIME!

Bo día, compis!
Espero que esteades moi, moi ben. Hoxe remítovos ao blog Vilarrodís in english no que a profe Meli elaborou unha proposta e un vídeo con sorpresa! 

Buenos días, compis!
Espero que estéis muy, muy bien. Hoy os remito al blog Vilarrodís in english en el que la profe Meli elaboró una propuesta y un vídeo con sorpresa! 
Una de las imágenes del vídeo

Por outra banda, dicirvos que estamos moi contentas con todo o que ides enviando das propostas tanto da aula como das outras clases. Gústanos moitísimo recibir as vosas imaxes e vídeos. Pronto poderedes ver outro vídeo coa vosa actividade na casa.
Lembrade que estamos á vosa disposición para o que precisedes a través do correo ou teléfono da escola. Non dubidedes en contactar con nós!

Por otra parte, quiero deciros que estamos muy contentas de recibir lo que nos vais enviando de las propuestas tanto de aula como de las otras clases. Nos gustan mucho vuestras fotografías y vídeos. Pronto podréis ver otro vídeo con vuestra actividad en casa.
Recordad que estamos a vuestra disposición para lo que necesitéis a través del correo o del teléfono de la escuela. No dudéis en contactar con nosotras!

lunes, 27 de abril de 2020

DESTREZA MANUAL

Bo día, familias!
Que tal a fin de semana? Espero que moi ben e que onte tivérades un paseíño ao aire libre :) Se vos apetece contárnolo e enviarnos algunha imaxe do gran día ou dalgún momento bonito dos vosos paseos, aquí estamos coas orellas e os ollos ben abertos. 

Hoxe traio dúas propostas clásicas pero moi útiles:
1. Recortar e pegar. Precisamos revistas vellas, papeis de cores, se non tedes podedes pintar papel branco das cores que queirades…, tesoiras, pegamento, e un papel cun debuxo ou trazo.
O pimeiro que hai que facer e elixir a base: podedes debuxar un trazo (ondas, líneas, montañas,un caminiño...), as letras do voso nome en maiúscula, ou un debuxo moi clariño (un sol, unha nube, moi ben trazado, como para poder pegar enriba papeis). Logo, recortamos papeis o máis parecido posible a un cadrado de 2x2cm aproximadamente, algo que vexamos que non é difícil para eles de manipular e coller cos dedos. Non poden ser moi pequenos porque dificulta moito o traballo (exemplo para adultos: imaxinade ter que pegar confeti, un a un, nun papel. Esgotador!).
Por último, co pegamento, pegar os cadradiños enriba do trazo marcado previamente. Algo así:

Recortar e pegar
2. Cosemos: necesitamos cartón (prato de cartón ou un trozo de cartón dunha caixa de zapatos, cerais, galletas...), e la (ou un cordón de zapato). Facemos buracos no cartón cunha troqueladora, cunha agulla gorda ou cunha tesoira, e os nenos e nenas terán que pasar a la polos buracos. Se tedes unha agulla moi gorda e segura para que eles utilicen, xenial. Se non, coa man poden facelo, e se poñedes cinta adhesiva na punta da la ou cordel será máis sinxelo para eles. 

Mellora da destreza manual

Buenos días, familias!
Que tal el fin de semana? Espero que muy bien y que ayer disfrutarais de un paseo al aire libre :) Si os apetece contárnoslo y enviarnos alguna imagen del gran día o de algún momento bonito de vuestros paseos, aquí estamos con las orejas y lo ojos bien abiertos.

Hoy traigo dos propuestas clásicas pero muy útiles:
1. Recortar y pegar. Necesitamos revistas viejas, papeles de colores, seno tenéis podéis pintar papel blanco de los colores que más os gusten..., tijeras, pegamento y un papel con un dibujo o trazo.
Lo primero es elegir la base: podéis dibujar un trazo (ondas, líneas, montañas, un caminito...), las letras de vuestro nombre en mayúscula, o un dibujo muy grande y claro (un sol, una nube muy bien trazada, como para poner encima papeles). Luego, recortamos papeles lo más parecido posible a un cuadrado 2x2cm aproximadamente, algo que sea fácil manipular para ellos y coger con los dedos. No pueden ser muy pequeños porque si no dificulta mucho el trabajo (ejemplo para adultos: imaginemos tener que pegar confeti, uno a uno, en un papel. ¡Agotador!). 
Y, con el pegamento, pegar los cuadraditos encima del trazo marcado previamente. Algo así:
Recortar y pegar
2. Cosemos. Necesitamos cartón (plato de cartón o un trozo de cartón de una caja de zapatos, cereales, galletas...), y lana (o un cordón de zapato). Hacemos agujeros en el cartón con una troqueladora, una aguja gorda o con una tijera, y los niños y niñas tendrán que pasar la lana o e cordón por los agujeros. Si tenéis un aguja muy gorda y segura para que ellos utilicen, genial. Si no, pueden hacerlo sin ella y si ponemos cinta adhesiva en la punta de la lana o de cordel, será más sencillo para ellos. 
Mejora de la destreza manual
Espero vuestras fotos!
aorellaverdedaescola@gmail.com
yaizapeixoto@edu.xunta.gal

viernes, 24 de abril de 2020

A RECICLAR!

Bo venres! 
Que tal? Gustouvos o vídeo de Nora e Laura? Animástesvos coa foto co voso libro? Espero que si!😊
Hoxe a profe Noelia suxírenos unha actividade estupenda para pasar a fin de semana: convertirnos en auténticos inventores e inventoras con material de refugallo!
Visitade o seu blog e... a crear!!


Feliz viernes!
¿Qué tal? ¿Os gustó el vídeo de Nora y Laura? Os animásteis con la foto con vuestro libro? Espero que sí 😊
Hoy la profe Noelia nos sugiere una actividad estupenda para pasar el fin de semana: convertirnos en auténticos inventores e inventoras con material de reciclaje!
Visitad su blog y... a crear!!
Algunhas ideas que nos lanza a profe Noelia

Máis ideas que podedes ver no blog de AL

jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

FELIZ DÍA DO LIBRO, FAMILIAS!

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Encantaríanos estar na escola e poder celebrar este día tan especial xuntos e rodeados de contos e historias, visitando a biblioteca da escola e da vila, as librarías... Seguro que haberá outras ocasións para facelo, pero non queremos deixar de celebrar este día pese as circunstancias así que no blog de Bibliorrodís tedes unha proposta moi moi faciliña e na que podedes participar toodos os membros da familia. Animádevos! As profes da escola xa a fixeron para que vexades o sinxelo que é e o fermoso que quedaría que participásedes cantos máis, mellor.
Ademais, tamén tedes unha historia de Nora contada por Laura que estou segurísima de que vos vai encantar. Gozade con ela, e lembrade que aínda temos moitos contos que ler con Nora! :)


Ilustración de Luz Beloso

Hoy, 23 de abril, se celebra el Día del Libro. Nos encantaría estar en la escuela y celebrar este día especial juntos y rodeados de cuentos e historias, visitando la biblioteca de la escuela y del pueblo, las librerías... Seguro que habrá otras ocasiones para hacerlo, pero no queremos dejar de celebrar este día pese a las circunstancias así que en el blog de Bibliorrodís tenéis una propuesta muy sencilla y en la que podéis participar todos los miembros de la familia. Las profes del cole ya lo hemos hecho para que veáis lo fácil que es y lo precioso que quedaría si participamos todos. Animáos!
Además, también tenéis una historia de Nora contada por Laura que estoy segura de que os va a encantar. Disfrutad con ella, y recordad que aún tenemos muchos cuentos que leer con Nora! :)

Disfrutade moito deste día e das lecturas.
Apertas de conto!


miércoles, 22 de abril de 2020

OS COIDADOS

Bo día, familias.
Hoxe quero falar con vós da necesidade do coidado. Seguro que reflexionastes máis dunha vez nisto, pero a situación actual fai que pensemos novamente no importante que somos uns para os outros, da necesidade de crear tribo. Como di o proverbio africano, para educar a un niño fai falla a tribo enteira. E hoxe máis que nunca, comprendémolo.
Tamén imaxino que os vosos peques estarán, algúns días, algo cansos e sen ganas de facer nada. É inevitable preocuparnos, pero respetade os seus malos días.
Propóñovos que neses días tan grises nos que seguramente queiran estar con vós pegados todo o tempo, lle deades unha volta e os animedes con cousiñas que podemos facer xuntos na casa e que tamén teñen obxectivos educativos. Actividades tan sinxelas como emparellar calcetíns ou dobrar a súa roupa fan que se concentren en tarefas sinxelas que vós facedes e eles copian, xa que sodes o seu referente. Seguro que non o fan como vós queredes, pero teñen 4 e 5 anos e toda a vida por diante para mellorar a técnica. O importante é que desde peqenos se familiaricen con estas tarefas que poden xa facer e que desenvolven enormemente a súa autonomía e a motricidade das mans.
Xa me contaredes que tal resulta a experiencia, e se queredes enviar algunha foto, xenial.




Buenos días, familias!
Hoy quiero hablar con vosotros de la necesidad del cuidado. Seguro que reflexionasteis más de una vez en esto, pero la situación actual hace que pensemos de nuevo en lo importante que somos los unos para los otroa, de la necesidad de crear tribu. Como dice el proverbio africano, para educar a un niño hace falta la tribu entera. Y hoy más que nunca, lo comprendemos. 
También imagino que vuestros peques estarán, algunos días, algo cansados y sin ganas de hacer nada. Es inevitable que os preocupéis, pero respetad que ellos también tengan malos días. 
Os propongo que en esos días tan grises en los que seguro quieren estar pegados a vosotros todo el tiempo, los animéis con cosas que podemos hacer juntos en casa y que también tienen objetivos educativos. Actividades tan sencillas como emparejar calcetines o doblar su propia ropa hacen que se concentren en tareas sencillas que vosotros también hacéis y ellos copian, ya que sois su referente. 
Seguro que no lo hacen como vosotros queréis, pero tienen 4 y 5 años y toda la vida por delante para mejorar la técnica. Lo importante es que ya desde pequeños se familiaricen con estas tareas que pueden hace y que desarrollan enormemente su autonomía y la motricidad de las manos.
Ya me contaréis que tal fue la experiencia, y si queréis enviar alguna foto, genial.

Por  outra banda hoxe 22 de abril celebramos o Día da Terra, e é tan necesario coidala a ela como a nós mesmo e a nós mesmas. No blog da biblioteca poderedes acceder a unha proposta para celebrar este día.

Por otra parte hoy 22 de abril celebramos el Día de la Tierra, y es tan necesario cuidarla a ella como a nosotros y a nostras mismas. EN el blog de la biblioteca podréis acceder a una propuesta para celebrar este día.





martes, 21 de abril de 2020

PROPOSTAS AL E INGLÉS

Bo día!
Como estamos hoxe? Animástesvos onte coa receita? :)
Para deixar tempo, e por se non o vistes aínda, hoxe paso por aquí só para lembrarvos que no blog Vilarrodís in English Meli comparte con nós una receita riquísima para facer Smoothie. Aínda non o fixestes? 
Tamén hai unha canción para bailar que penso que coñecedes, animádevos!

Buenos días!
¿Cómo estamos hoy? ¿Os animásteis ayer con la receta? :)
Para dejar tiempo, y por si no lo visteis todavía, hoy me paso por aquí solo para recordaros que en el blog Vilarrodís in English Meli comparte con nosotros una receta riquísima para hacer Smoothie. ¿Aún no lo hicisteis? También hay una canción para bailar que creo que conocéis!








E aquí podedes ver unha das imaxes que a profe Noelia compartiu con nós na exposición de fotos de sopro do blog Curruncho de AL. Pasádevos a velas e a practicar algo de sopro! :)

Aquí podéis ver una de las imágenes que la profe Noelia compartió con nosotros en la exposición de fotos de soplo del blog Curruncho de AL
Pasáos a verlas y a practicar algo de soplo! :)


Ata mañá, compis!
Hasta mañana, compis!

lunes, 20 de abril de 2020

PARABÉNS!

Bo día, familias! 
Espero que tiverades una boa fin de semana.
Sabedes que normalmente celebramos os aniversarios o último venres de cada mes e realizamos algunha receita. Hoxe é un bo día para celebrar e cociñar, xa que a nosa compi Valeria está de aniversario! 
Pero tamén quero lembrarme de Luca e Saúl, que no mes de marzo e abril celebraron os 5 anos :)

Buenos días, familias!
Espero que tuvierais un buen fin de semana.
Sabéis que normalmente celebramos los cumpleaños el último viernes de cada mes y realizamos alguna receta. Hoy es un buen día para celebrar y cocinar, ya que nuestra compi Valeria está de cumpleaños! Pero también me quiero acordar de Luca y Saúl, que en el mes de marzo y abril celebraron sus 5 años!

PARABÉNS, VALERIA!




FELIZ CUMPLE, LUCA! 
        
  

FELICIDADES SAÚL!




E AGORA...COCIÑAMOS?
 Y AHORA...COCINAMOS?

Seguro que coñecedes a Alma Obregón (e se non, xa a ides coñecer agora). Eu comecei a seguir os seus vídeos porque ten receitas súper sinxelas, así que hoxe comparto con vós unha que podedes facer cos nenos e nenas sen dificultade!

Seguro que conocéis a Alma Obregón (y si no, ya la conocéis ahora). Comencé a seguir sus vídeos porque tiene recetas muy sencillas, así que hoy comparto con vosotros una que podéis hacer con los niños y niñas sin dificultad!


MUG CAKE DE NUTELLA

INGREDIENTES:
-1,5 buenas cucharadas de Nutella -1 cucharada de aceite de oliva (lo añade con el huevo en el vídeo)
-1 huevo

-2 cucharadas de azúcar
-2 cucharadas de leche
-3 cucharadas de harina
-1 cucharada de cacao en polvo sin azucar
-Una pizca de levadura química (1/4 de cucharadita, más o menos)
ENLACE A LA RECETA

Se vos animades a facela, enviádeme fotos e contádeme que tal foi!
Si os animáis a hacerla, enviadme fotos y contadme qué tal o ha salido!
Ata mañá!
Hasta mañana!

viernes, 17 de abril de 2020

HOXE TOCA...CONTO!

Bos días de venres!
Tedes ganas de contos? Eu si! Nestes días que hai que estar na casa unha actividade estrela son os contos. E é que podes utilizalos a calquera hora do día: a media mañá, despois de comer, para chamar á calma pola noitiña... Animádeos a escoitar e a contarvos os contos á súa maneira, e lembrade que cada un temos un xeito diferente de contalos e iso é o bonito. 
Hoxe déixovos aquí dous contos para a fin de semana. Un é o de Frederick, de Leo Lionni (Kalandraka). O outro é El cocodrilo al que no le gustaba el agua, de Gemma Merino (Ed. Picarona).
Estade atentos, porque no vídeo de Frederick tamén van as instrucións para facer un ratiño para decorar as vosas casas, encantaríame velo!! 

¡Buenos días de viernes! 
¿Tenéis ganas de cuentos? ¡Yo sí! En estos días en los que hay que estar en casa, una actividad estrella son los cuentos. Y es que puedes utilizarlos a cualquier hora del día: a media mañana, después de comer, para llamar a la calma por la noche... Animad a vuestros hijos e hijas a escuchar y a contaros los cuentos a su manera, no olvidéis que cada uno tenemos una forma diferente de contarlos y eso es lo bonito.
Hoy os dejo aquí dos cuentos para amenizar el fin de semana. Uno es el de Frederick, de Leo Lionni (kalandraka). El otro es El cocodrilo al que no le gustaba el agua, de Gemma Merino (Ed. Picarona).
Atentos, porque en el de Frederick también van las instrucciones para hacer un ratoncito como para decorar vuestras casas, y me encantaría verlos!!




Conto para o alumnado da EEI Vilarrodís-Oseiro (Arteixo, A Coruña).


APERTAS DE CONTOS!

jueves, 16 de abril de 2020

RECURSOS TEIDE

Bo día! 
Que tal? Como vai a semana? 
Como sabedes, na aula un dos materiais que utilizamos é o da Editorial Teide. Ante esta situación, esta editorial ofreceunos a posibilidade de que todos e todas poidamos acceder aos contidos que teñen online, e aquí os temos.
Tedes que clicar neste enlace: https://web.weeras.com/?lang=es
As claves de acceso son:
usuario: alumnoinfantil@vilarrodis.es 
clave: galicia2020


Buenos días! 
¿Qué tal? ¿Cómo va la semana?
Como sabéis, en el aula uno de los materiales que itilizamos es el de la Editorial Teide. Ante esta situación, esta editorial nos ofreció la posibilidad de que todos y toda spodamos acceder a los contenidos que tienen disponibles online, y aquí los tenemos.
Tenéis que clicar en este enlace:  https://web.weeras.com/?lang=es
Las claves de acceso son:
Usuario: alumnoinfantil@vilarrodis.es
Clave: galicia 2020



O número marca a idade/nivel dos nenos e nenas. Premede sobre os contidos co número 4 e comezade do máis sinxelo ao máis complexo, progresivamente. E lembrade, procurade compensar o uso do ordenador e Tablet co xogo manipulativo e libre. O uso do ordenador non é malo, e utilizando o rato (ou o dedo no caso da Tablet) os nenos desenvolven a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a atención... Pero, como todo, sen abusar. É mellor utilizar os medios dixitais todos os días pero cun tempo establecido, ensinándolles aos pequenos as vantaxes destes medios pero transmitíndolles un uso axeitado deles xa desde pequenos. 


El número maca la edad/nivel de los niños y niñas. Seleccionad los contenidos con el número 4 comenzad del más fácil al más difícil, progresivamente. Compensar el uso del ordenador y Tablet con el juego manipulativo y libre es lo mejor. El uso del ordenador no es malo, y utilizando el ratón los niños desarrollan la motricidad fina, coordinación óculo-manual, la atención... Pero, como todo, sin abusar. Es mejor utilizar los medios digitales todos los días con un tiempo establecido, enseñándoles las ventajas de estos medios pero transmitiéndoles un uso adecuado de los mismos ya desde pequeños.

Xa me contaredes que tal!

miércoles, 15 de abril de 2020

VÍDEO

Xa hai un mes que non nos vemos, pero seguimos aquí. Déixovos un vídeo con imaxes que me fostes mandando nestas semanas, con propostas do blog que vos animastes a facer e outras actividades que facedes na casa. Persoalmente, encantoume absolutamente todo do que fixestes cos vosos fillos e fillas. Son consciente de que a algún lle costará máis, a outros menos, de que hai nenos e nenas que están máis activos, outros máis distraídos ou inquedos... Valoro moito o que facedes, e tamén sei que hai compis que non se animaron a enviar algunha foto (todavía), pero que tamén o esán a facer moi, moi ben.
Quixera, de corazón, agradecer a vosa participación. É o motor para que isto funcione. Moitísimas grazas.

Ya hace un mes que no nos vemos, pero seguimos aquí. Os dejo un vídeo con imágenes que me fuisteis enviando en estas semanas, con propuestas del blog que os animasteis a hacer y otras actividades de lo que hacéis en casa. Personalmente, me encantó absolutamente todo lo que hicisteis con vuestros hijos e hijas. Soy consciente de que a algún peque le constará más, a otro menos, algunos estarán más activos, otros más distraídos o inquietos... Valoro mucho lo que hacéis, y también sé que hay compis que no se animaron a enviar alguna foto (todavía), pero que también lo están haciendo muy, muy bien.
Quisiera, de corazón, agradecer vuestra participación. Es el motor para que esto funcione. Muchísimas gracias.



BLOG DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Bo día a todos e todas!

A profe de Audición e Linguaxe, Noelia, coa que imos todas as semanas para activar a musculatura da nosa cara e espertar á señora lingua, xa ten blog!
Ela preparounos unhas actividades suuuuper divertidas, polo que hoxe vos convido a visitar o seu blog neste enlace e xogar coas súas propostas. 


Buenos días a todos y a todas!

La profe de Audición y Lenguaje, Noelia, con la que vamos todas las semanas para activar la musculatura de nuestra cara y despertar a la señora lengua, ya tiene blog!
Ella nos preparó unas actividades suuuper divertidas, por lo que hoy os invito a visitar su blog en este enlace y jugar con sus propuestas.



martes, 14 de abril de 2020

OUTRA DIRECCIÓN


Moitos estades tendo problemas para enviar correos á dirección yaizapeixoto@edu.xunta.gal polo que podedes enviar as mensaxes a aorellaverdedaescola@gmail.com
Un saúdo


Muchos estáis teniendo problemas para enviar correos a la dirección yaizapeixoto@edu.xunta.gal por lo que podéis enviar los mensajes a aorellaverdedaescola@gmail.com
Un saludo
GRAZAS!