miércoles, 12 de febrero de 2020

BEEBOT

Hai unhas semanas que disfrutamos co libro Paco y el rock, co que fomos coñecendo instrumentos, identificando o seu son, xogando a adiviñalos, gozando con vídeos musicais... 
A semana pasada, co BeeBot, fixemos un xogo. Tiñamos que coller unha tarxeta, nomear o instrumento, buscalo no panel e conducir ao robot á casilla correspondente. 
É suuuuper difícil dirixir á pequena abella ao seu lugar, pero con moita paciencia e pensando entre todos, logramos o obxectivo!
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo. Non aparecemos todos porque estabamos taaan ocupados pensando, que se nos esqueceu fotografalo todo!
Haberá máis ocasións :)


No hay comentarios:

Publicar un comentario