lunes, 30 de marzo de 2020

BOLBORETAS DE CORES

Feliz luns a todos e todas!
Que tal a fin de semana? Moito ánimo nestes días, lembrade que un día máis é un día menos para vernos de novo :)
Hoxe o día espertou un pouco gris, e pensei que sería boa idea colorealo un pouco e adornar as vosas ventás cuns animais fermosos que voan libres: as bolboretas.
Vou plantexar dúas actividades; podedes facer unha ou as dúas, como queirades e poidades.

1. Decoramos con trazos a bolboreta!
O primeiro que imos facer é debuxar unha bolboreta coma esta e trazar liñas, dividindo as súas ás horizontalmente:

Logo, elixide un trazo ou debuxo que queirades facer en cada parte da bolboreta: cruces, círculos, raias verticais e horizontais, bucles... Ao voso gusto! Veredes que bonita vos queda.


2. Bolboretas con filtros de café
Se tedes filtros de café e colorante, acuarela (ou témpera moi diluída), podedes facer maxia coas cores e deseñar unha fermosa bolboreta!

Cortade o filtro de café polas partes longas e deixádeo só unido polo centro. Os dous lados que saen ao abrir serán as ás. Agora toca decoralas coas acuarelas, ou o que teñades. Tamén podedes probar a pintar con rotulador e logo botarlle gotiñas de auga, seguro que algo pasa!
Polo centro, enganchámolas cunha pinza da roupa, que tamén podemos decorar, ou se tedes, cun limpiapipas (que é iso negro que vedes no medio xusto). Deste xeito quedaría algo similar a isto:

E para remataaaar: un pouco de música! Xa coñecemos a Lydia Botana, aquí vos deixo a canción que bailamos tanto en clase xuntos!

E lembrade! Agardo as vosas fotos :)

Feliz lunes a todos y a todas!
¿Qué tal el fin de semana? Mucho ánimo en estos días, acordáos de que un día más es un día menos para vernos de nuevo :)
Hoy el día amaneció un poco gris, y pensé que sería buena idea colorearlo un poco y adornar vuestras ventanas con unos animales hermosos que vuelan libres: las mariposas.
Voy a plantearos dos actividades; podéis hacer una o las dos, como queráis y podáis.

1. Decoramos con trazos la mariposa!
Lo primero que vamos a hacer es dibujar una mariposa como esta y trazar líneas, dividiendo sus alas con trazos horizontales:


Luego, elegid un trazo o dibujo que queráis hacer en cada parte de la mariposa: cruces, círculos, líneas verticales u horizontales, bucles... A vuestro gusto! Veréis qué bonita os queda.

2. Mariposas con filtros de café
Si tenéis filtros de café y colorante, acuarela (o témpera mezclada con agua), podéis hacer magia con los colores y diseñar una hermosa mariposa!

Cortad el filtro de café por las partes largar y dejadlo solo unido por el centro. Los dos lados que salen al abrir serán las alas. Ahora toca decorarlas con las acuarelas, o lo que tengáis. También podéis probar a pintar con rotulador y luego echar gotas de agua encima, seguro que pasa algo!
Por el centro, enganchamos una pinza de la ropa, que también podemos decorar o, si tenéis, con un limpiapipas (que es el alambre que veis en el medio). De esta forma quedaría algo similar a esto:


Y para terminaaar: un poco de música! Ya conocemos a Lydia Botana, aquí os dejo la canción que bailamos tanto en clase juntos!


Y acordáis: espero vuestras fotos :)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario