miércoles, 10 de junio de 2020

NATUREZA CONXELADA

Bos días, compis!
Quero propoñervos outra idea con xeo. Nesta ocasión tedes que buscar elementos naturais (flores, follas, ramas, pedras…) ou obxectos que teñades na casa (canicas, pezas, bonecos, números...). Só hai que facer unha composición, metelo nun recipiente con auga e... ao conxelador! 

Se vos apetece, podedes poñer dentro da auga un trozo de cordón forte (dos zapatos, trapillo...) e outro fóra da auga, de xeito que cando se conxele poidades collelo polo cordón e colgalo dunha árbore, por exemplo, e ir vendo como se vai desconxelando. É arte efímera! 
Aquí vos deixo algúns resultados, animádevos!

Buenos días, compis!
Os quiero proponer otra idea con hielo. En esta ocasión, tenéis que buscar elementos naturales (flores, hojas, ramas, piedras...) u objetos que tengáis en casa (canicas, piezas, muñecos, números...). Solo hai que hacer una composición, meterlo en un recipiente con agua y... al congelador! 
Si os apetece, podéis poner dentro del agua un trozo de cordón fuerte (de los zapatos, trapillo...) y otro fuera del agua, de manera que cuando se congele podáis cogerlo por el cordón y colgarlo de algún árbol, por ejemplo, e ir viendo como se va descongelando. Es arte efímera!
Aquí os dejo algunos resultados, animáos!

Traballo feito polo alumnado do CRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño).
Espero que vos guste a idea!

No hay comentarios:

Publicar un comentario