lunes, 9 de marzo de 2020

AMOR E AMIZADE

No mes de febreiro os nenos e nenas observan na publicidade, nas rúas, escoitan falar do día do amor. Na aula decidimos darlle unha volta e aproveitar este día para celebrar o Día do Amor e da Amizade, falando de Que é o amor? Que é iso de estar namorado ou namorada?, do que nos gusta facer coas persoas que queremos moito, de canto nos queren e da importancia de querernos todos e todas e coidarnos como amigos e compañeiros que somos.
Lemos varios contos relacionados co tema: Palabras con corazón, Enamorados, Bicos de cores, De que cor é un bico… E tamén aproveitamos a temática para realizar algunhas actividades manipulativas relacionadas cos números.
Aquí vai un pequeno vídeo que agardamos que vos guste:

DÍA AMOR E AMIZADE

No hay comentarios:

Publicar un comentario