lunes, 23 de marzo de 2020

8 M

Os días previos ao 8 de marzo realizamos diferentes actividades para celebrar o Día da Muller Traballadora. Ademais de coñecer a mulleres como Frida Kahlo, Gloria Fuertes ou Irene González, xogamos co BeeBot e limos contos como Príncipe Kevin ou Ricitos de oso.
Tamén contamos cun obradoiro realizado pola profesional da Concellería de Igualdade de Arteixo no que nos disfrazamos e xogamos xuntos intercambiándonos os atrezzos e desmentindo frases como "o rosa é color de nenas e o azul é color de nenos".
Pasámolo moi ben e disfrutamos moito!
Agardamos que vos gusten as imaxes :)

8 MARZO

No hay comentarios:

Publicar un comentario